Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta nomea interventora xeral a Almudena Chacón

O Consello da Xunta nomea interventora xeral a Almudena Chacón

  • É licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais e ata o momento ocupaba o posto de directora xeral de Planificación e Orzamentos

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Almudena Chacón Pichel como Interventora xeral da Comunidade Autónoma.

Nada na Coruña en 1973, é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de A Coruña (UDC) e funcionaria da Escala Superior de Finanzas (A1) da Xunta de Galicia desde o 2001.

Ademais, conta cun Mestrado en Estudos Fiscais da Universidade de Bath e ten o diploma da Escala superior de Finanzas, especialidade de intervención e de inspección e xestión tributaria, así como o diploma de directiva da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Almudena Chacón desenvolveu a súa carreira administrativa na Consellería de Facenda e Administración Pública e na consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e ata o de agora viña desempeñando o posto de directora xeral de Planificación e Orzamentos na Consellería de Facenda e Administración Pública. Desde xaneiro de 2012 ata novembro de 2021 xa exerceu como Interventora Xeral da Comunidade Autónoma.