Volver ao contido

Notas de prensa

O Consello da Xunta nomea directora da Axencia Tributaria de Galicia a Sonia Lafont Sendino

O Consello da Xunta nomea directora da Axencia Tributaria de Galicia a Sonia Lafont Sendino

O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Sonia Lafont Sendino como directora da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Nada en Zaragoza, é licenciada en Ciencias Económicas e Empresarias pola Universidade de Zaragoza e en Dereito pola UNED e ten un mestrado en Administración Financeira e Tributaria pola Escola da Facenda Pública e a Universidade da Coruña. 

Sonia Lafont é funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia, Escala Superior de Finanzas, na especialidade de Inspección e Xestión e Intervención. Conta con diplomas de directivo e da Inspección dos Servizos da Xunta. 

Exerceu toda a súa vida profesional no ámbito tributario, empezando na Dirección Xeral de Tributos antes de pasar á Axencia Tributaria de Galicia. É vogal do órgano económico administrativo da Xunta e colabora en formación tributaria coas tres universidades galegas e coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Ata o momento ocupaba o posto de xefa do departamento de Xestión na ATRIGA.