Skip to Content

Notas de prensa

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión da nova directora da Atriga

O conselleiro de Facenda e Administración Pública preside a toma de posesión da nova directora da Atriga

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión da nova directora da Axencia Tributaria de Galicia, Sonia Lafont Sendino, que substitúe a María Victoria González Vázquez.

Sonia Lafont é funcionaria do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia, Escala Superior de Finanzas, na especialidade de Inspección e Xestión e Intervención. Toda a súa vida profesional está ligada ao ámbito tributario, empezando na Dirección Xeral de Tributos antes de pasar á Axencia Tributaria de Galicia. É vogal do órgano económico administrativo da Xunta e colabora en formación tributaria coas tres universidades galegas e coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP).