Volver ao contido

Notas de prensa

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o Congreso Lotero 2024

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugura o Congreso Lotero 2024

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2024.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, inaugurou hoxe o Congreso Lotero 2024 organizado pola Agrupación Nacional de Asociaciones Provinciales de Admninistradores de Lotería (ANAPAL). 

Durante a súa intervención, Miguel Corgos puxo en valor o feito de que a través deste tipo de congresos se promova o crecemento, a innovación e a dixitalización neste ámbito para poder adaptar este sector ás necesidades e vantaxes que actualmente proporcionan as novas tecnoloxías.

Neste sentido, subliñou que algúns dos asuntos a tratar como a transformación dixital, a regulación da actividade, ou a importancia da intelixencia emocional no ámbito das vendas permiten abordar dunha maneira completa os desafíos ao que se afronta o sector.

Finalmente, o conselleiro destacou que a Xunta ofrece un entorno institucional estable, con seguridade xurídica e cunha fiscalidade competitiva para animar a todo o tecido empresarial a apostar por Galicia para o desenvolvemento de novos proxectos ou o fortalecemento dos que xa están implantados.