Volver ao contido

Notas de prensa

Máis de 8.700 aspirantes examinaranse o vindeiro 2 de xullo para 102 prazas do corpo administrativo xeral

Máis de 8.700 aspirantes examinaranse o vindeiro 2 de xullo para 102 prazas do corpo administrativo xeral

  • O DOG publica hoxe a resolución pola que se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2023.- Máis de 8.700 aspirantes participarán o vindeiro día 2 de xullo nas oposicións para acceder a 102 prazas de emprego público no corpo administrativo  (C1) convocadas pola Administración galega.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nesta oposición.

As relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas poden consultarse no portal web corporativo https://www.xunta.gal/funcion-publica. A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura tamén como anexo da resolución que se publica no DOG.