Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,1% do PIB no ano 2023, a máis baixa desde o 2012

Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,1% do PIB no ano 2023, a máis baixa desde o 2012

  • A ratio débeda/PIB de Galicia é 6,1 puntos inferior á da media de comunidades
  • Ademais, a débeda por habitante sitúase na Comunidade galega nos 4.507€ euros fronte aos 6.747€ da media autonómica

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024.- Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,1% o ano pasado, a máis baixa desde o ano 2012 segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondente a este período publicado hoxe polo Banco de España.

Galicia foi ao peche de 2023 a quinta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB. Ademais, a Comunidade galega ten un diferencial coa media autonómica 6,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades que se situou ao peche do cuarto trimestre en 22,2%.

A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.507 euros fronte aos 6.747 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.240 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda
Hai que lembrar que o Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

Ademais, logo do esforzo extraordinario por mor da pandemia, Galicia leva unha senda descendente dos seus ratios de endebedamento, que se consolidará este ano, xa que os orzamentos para 2024, por primeira vez nos últimos 16 anos, están elaborados sen novo endebedamento.