Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

  • O período medio de pago de Galicia foi de 13,09 días, case dezaseis días por debaixo da media autonómica

Santiago de Compostela, 22 novembro de 2022.- Galicia pechou o mes de setembro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública. 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 13,09 días, máis de quince días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 28,47. Ademais, tamén se situou case 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 
  
En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de setembro no 0,17%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,31%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.021,8 millóns de euros, dos que 118,7 millóns – o 2,95%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 
 

Período Medio de Pago – Setembro de 2022 (*CCAA réxime foral)

Extremadura

 9,56

 

País Vasco*

26,57

Galicia

13,09

Castilla León

26,80

Andalucía

20,26

Total CC.AA.

28,47

Comunidad Valenciana

20,40

Cataluña

30,26

Cantabria

21,96

Madrid

32,75

Castilla-La Mancha

22,52

Baleares

34,12

Canarias

23,15

Murcia

34,81

La Rioja

24,39

Asturias

43,43

Navarra*

25,13

Aragón

61,36