Galicia pechou o mes de outubro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
- O período medio de pago de Galicia foi de 14,84 días, case 12 días por debaixo da media autonómica
- A débeda comercial foi a quinta máis baixa de España
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2021.- Galicia pechou o mes de outubro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Murcia e Extremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.
Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 14,84 días, case 12 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 26,59. Ademais, tamén se situou máis de 15 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a quinta comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de outubro no 0,22%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,29%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.496 millóns de euros, dos que 140 millóns – o 4%- corresponden a Galicia.
Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma continúa neste 2021 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Período Medio de Pago – Outubro de 2021 (*CCAA réxime foral) | ||||
Murcia | 6,54 |
| Madrid | 24,77 |
Extremadura | 14,55 | Castilla y León | 25,44 | |
Galicia | 14,84 | TOTAL CC.AA. | 26,59 | |
Cantabria | 17,26 | Andalucía | 27,72 | |
C. Valenciana | 20,00 | Baleares | 29,82 | |
La Rioja | 21,50 | Asturias | 31,40 | |
País Vasco* | 21,79 | Aragón | 32,66 | |
C. F. Navarra* | 24,39 | Cataluña | 34,11 | |
Castilla-La Mancha | 24,77 | Canarias | 34,49 |