Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pecha 2021 como a 3ª comunidade con menor ratio débeda/PIB tras reducir un punto nun ano

Galicia pecha 2021 como a 3ª comunidade con menor ratio débeda/PIB tras reducir un punto nun ano

  • A ratio débeda/PIB de Galicia baixou o ano pasado ata o 18,5% do PIB
  • Galicia pechou o exercicio cun diferencial de débeda coa media autonómica de 7,4 puntos
  • Cada galego debe 2.273 euros menos que a media autonómica

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022.- Galicia pechou o ano 2021 como a terceira comunidade autónoma de réxime común con menor ratio débeda/PIB, logo de reducir este indicador un punto en relación ao ano anterior, tal e como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes ao cuarto trimestre do ano publicados hoxe polo Banco de España.

En concreto, a ratio débeda/PIB de Galicia baixou ata o 18,5%, en niveis prepandemia, fronte ao dato do 19,5% do peche do ano 2020. Desta forma, o organismo regulador volve situar á Comunidade Autónoma galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento de toda España. 

Cos datos a peche de exercicio, Galicia ten un diferencial coa media autonómica que é 7,4 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades (25,9%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
Ademais, Galicia tamén pechou o ano 2021 sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.353 euros fronte aos 6.626 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.273 euros menos que a media autonómica.

Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder pasar da reactivación á recuperación.

RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

 

 

4ºT 2021

1

Madrid

14,8

2

Navarra*

15,2

3

Canarias

15,3

4

País Vasco*

15,6

5

GALICIA

18,5

6

La Rioja

18,9

7

Asturias

18,9

8

Castilla-León

22,2

9

Andalucía

23,1

10

Aragón

23,9

11

Extremadura

24,2

12

Cantabria

24,8

 

TOTAL CCAA

25,9

13

Baleares

31,3

14

Murcia

34,1

15

Cataluña

36,0

16

Castilla-La Mancha

36,5

17

Comunidad Valenciana

47,8

 

 

 

 

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 

4ºT 2021

1

Canarias

2.864

2

Asturias

4.329

3

Galicia

4.353

4

Andalucía

4.387

5

Extremadura

4.780

6

Navarra

4.790

7

Madrid

5.108

8

País Vasco

5.130

9

La Rioja

5.231

10

Castilla-León

5.554

11

Cantabria

5.870

 

MEDIA CC.AA.

6.626

12

Aragón

6.805

13

Murcia

7.229

14

Baleares

7.385

15

Castilla-La Mancha

7.568

16

Valencia

10.655

17

Cataluña

10.752