Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

  • Cada galego debe 2.306 euros menos que a media autonómica
  • Galicia ten un diferencial positivo coa media de España de 7,2 puntos no segundo trimestre
  • Aínda que a ratio débeda/PIB subiu de marzo a xuño ata o 17,7%, Galicia é a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España
  • A Xunta adiantou o programa de endebedamento nese trimestre para adiantarse ao previsible endurecemento das condicións de financiamento para final de ano

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022.- Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante no segundo trimestre do ano,  segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.393 euros, fronte aos 6.699 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.306 euros menos que a media autonómica.

Con estes datos, Galicia, co 17,7%, ten un diferencial positivo de débeda coa media de 7,2 puntos no segundo trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,9%. Desta forma, o organismo regulador sitúa á Comunidade Autónoma galega como a cuarta de réxime común con menor endebedamento de toda España.

A ratio débeda/PIB subiu en Galicia en 0,4 puntos de marzo a xuño, do 17,4% ao 17,7%  debido a un adianto no programa de endebedamento da Xunta no segundo trimestre ante as expectativas dun endurecemento das condicións de financiamento para final de ano. O proceso de normalización das políticas monetarias, como consecuencia da intensificación e persistencia de elevadas taxas de inflación, está a encarecer o custo das novas emisións de débeda.

Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia  é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos. 

DÉBEDA POR HABITANTE

 

 

2ºT 2022

1

Canarias

2.866

2

Asturias

4.220

3

Galicia

4.393

4

Andalucía

4.393

5

Extremadura

4.835

6

Navarra*

4.979

7

Madrid

5.106

8

La Rioja

5.214

9

País Vasco

5.234

10

Castilla y León

5.522

11

Cantabria

5.866

 

CC.AA.

6.699

12

Aragón

6.998

13

Baleares

7.463

14

Castilla-La Mancha

7.570

15

Murcia

7.610

16

Valencia

10.698

17

Cataluña

11.002

 
                   RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA

 

 

 

2ºT 2022

1

Madrid

14,1

2

Canarias

14,6

3

Navarra*

15,0

4

País Vasco*

15,1

5

Asturias

17,5

6

Galicia

17,7

7

La Rioja

17,9

8

Castilla y León

20,9

9

Andalucía

21,9

10

Aragón

23,0

11

Extremadura

23,2

12

Cantabria

23,5

 

CC.AA.

24,9

13

Baleares

30,1

14

Murcia

34,2

15

Castilla-La Mancha

34,6

16

Cataluña

35,0

17

Valencia

45,8

 

 

 

 

*CC.AA. de Réxime Foral