Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante
- Cada galego debe 2.306 euros menos que a media autonómica
- Galicia ten un diferencial positivo coa media de España de 7,2 puntos no segundo trimestre
- Aínda que a ratio débeda/PIB subiu de marzo a xuño ata o 17,7%, Galicia é a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España
- A Xunta adiantou o programa de endebedamento nese trimestre para adiantarse ao previsible endurecemento das condicións de financiamento para final de ano
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022.- Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante no segundo trimestre do ano, segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.393 euros, fronte aos 6.699 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.306 euros menos que a media autonómica.
Con estes datos, Galicia, co 17,7%, ten un diferencial positivo de débeda coa media de 7,2 puntos no segundo trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,9%. Desta forma, o organismo regulador sitúa á Comunidade Autónoma galega como a cuarta de réxime común con menor endebedamento de toda España.
A ratio débeda/PIB subiu en Galicia en 0,4 puntos de marzo a xuño, do 17,4% ao 17,7% debido a un adianto no programa de endebedamento da Xunta no segundo trimestre ante as expectativas dun endurecemento das condicións de financiamento para final de ano. O proceso de normalización das políticas monetarias, como consecuencia da intensificación e persistencia de elevadas taxas de inflación, está a encarecer o custo das novas emisións de débeda.
Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos.
DÉBEDA POR HABITANTE
|
| 2ºT 2022 |
1 | Canarias | 2.866 |
2 | Asturias | 4.220 |
3 | Galicia | 4.393 |
4 | Andalucía | 4.393 |
5 | Extremadura | 4.835 |
6 | Navarra* | 4.979 |
7 | Madrid | 5.106 |
8 | La Rioja | 5.214 |
9 | País Vasco | 5.234 |
10 | Castilla y León | 5.522 |
11 | Cantabria | 5.866 |
| CC.AA. | 6.699 |
12 | Aragón | 6.998 |
13 | Baleares | 7.463 |
14 | Castilla-La Mancha | 7.570 |
15 | Murcia | 7.610 |
16 | Valencia | 10.698 |
17 | Cataluña | 11.002 |
|
| 2ºT 2022 |
1 | Madrid | 14,1 |
2 | Canarias | 14,6 |
3 | Navarra* | 15,0 |
4 | País Vasco* | 15,1 |
5 | Asturias | 17,5 |
6 | Galicia | 17,7 |
7 | La Rioja | 17,9 |
8 | Castilla y León | 20,9 |
9 | Andalucía | 21,9 |
10 | Aragón | 23,0 |
11 | Extremadura | 23,2 |
12 | Cantabria | 23,5 |
| CC.AA. | 24,9 |
13 | Baleares | 30,1 |
14 | Murcia | 34,2 |
15 | Castilla-La Mancha | 34,6 |
16 | Cataluña | 35,0 |
17 | Valencia | 45,8 |
|
|
|
*CC.AA. de Réxime Foral