Volver ao contido

Notas de prensa

A Xunta forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional

A Xunta forma a empregados públicos en materia de fiscalidade internacional

  • Hoxe comeza na EGAP un curso monográfico dirixido a ofrecer ao persoal empregado público galego unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria 

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2022 – Un total de corenta empregados públicos das administracións galegas participan desde hoxe e ata o vindeiro 12 de maio no curso monográfico Introdución á fiscalidade internacional, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia. 
O curso, que ofrece 25 horas lectivas en formato semipresencial, busca  proporcionar ao alumnado unha visión xeral da fiscalidade internacional e comunitaria, que lle permita comprender e profundar no coñecemento de aspectos clave da materia coma os criterios ou puntos de conexión utilizados para o reparto das competencias fiscais entre os Estados, a determinación da residencia fiscal, os tipos de réximes fiscais, as medidas das que se dotan os países para evitar a evasión fiscal, o ou a tributación dos non residentes. 
A inauguración, celebrada esta mañá, contou coa asistencia da directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos e coas intervencións dos docentes José Manuel Iglesias, profesor de Dereito Financeiro e Tributario da USC, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Economía Pública e Sistemas Fiscais da USC, que impartiron a única sesión presencial do curso. O resto dos módulos serán impartidos a través da Aula virtual da Escola na modalidade de teleformación.