Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

Xunta e BEI reúnense para abordar o marco de colaboración entre ambas institucións

Xunta e BEI reúnense para abordar o marco de colaboración entre ambas institucións

  • O Goberno galego e o Banco Europeo de Investimentos formalizaron o mes pasado unha liña de financiamento de 150 millóns de euros para infraestruturas sanitarias

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2022.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública en funcións, Miguel Corgos, e o vicepresidente do Banco Europeo de Investimentos (BEI), Ricardo Mourinho mantiveron hoxe un encontro institucional para abordar o marco de colaboración entre ambas institucións.

Neste marco, o Goberno galego e o BEI formalizaron o mes pasado unha liña de financiamento de 150 millóns de euros para infraestruturas sanitarias. En concreto, o seu obxectivo será a ampliación e modernización do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) e do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF).

O marco de colaboración financeira entre ambas institucións supón un respaldo do BEI ás propostas presentadas desde Galicia, que tiveron encaixe na filosofía de actuacións desta entidade, e supón unha importante inxección de fondos para o desenvolvemento de importantes investimentos na comunidade autónoma.

Este proxecto promove ademais o obxectivo da política sanitaria do BEI, está en consonancia coa Axenda Urbana para a Unión Europea e contribúe ao obxectivo prioritario da Comisión Europea de fomentar Unha mellor saúde e asistencia, crecemento económico e sistemas sanitarios sostibles.