Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

O concurso de traslados dos corpos xerais permitirá a máis de 1.000 persoas empregadas públicas obter un novo destino na Administración

O concurso de traslados dos corpos xerais permitirá a máis de 1.000 persoas empregadas públicas obter un novo destino na Administración

  • O DOG publica hoxe a resolución da adxudicación dos postos do concurso de traslados dos corpos xerais, que afecta a máis de 1.070 persoas empregadas públicas
  • A semana que vén publicarase no DOG a resolución da convocatoria de elección de destino, na que participarán preto de 2.100 persoas

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026.- O concurso de traslados dos corpos xerais permitirá a máis de 1.070 persoas empregadas públicas obter un novo destino, adxudicado segundo as súas preferencias. O DOG publica hoxe a resolución da adxudicación dos postos do concurso de traslados dos corpos xerais que afecta a máis de 1.070 persoas.

 

Por outra banda, a próxima semana publicarase no DOG a convocatoria de elección de destino, para a que están convocadas preto de 2.100 persoas, que ata o de agora estaban en destino provisional pendentes de destino definitivo, ou que superaron algún dos procesos selectivos de estabilización de corpos xerais e estaban pendentes tamén de obter un novo posto.Ofertaránselles os postos vacantes non adxudicados no concurso de traslados.

 

Deste xeito, a Xunta realizará o maior movemento de persoal, con preto de 3.200 persoas empregadas públicas, un 12 % do total de efectivos da Administración xeral autonómica, que cambiarán de posto de traballo nas vindeiras semanas co obxectivo de mellorar a dotación de persoal e a prestación dos servizos públicos á cidadanía. 
 

Toma de posesión coordinada
Nas vindeiras semanas publicarase o resultado da elección de destino e realizarase de forma coordinada a toma de  posesión das 1.070 persoas empregadas públicas  ás que se lles adxudicou un posto no concurso e das 2.100 persoas convocadas a elección de destino. Deste xeito, queda garantida a continuidade na prestación dos servizos públicos en tanto se leva a cabo o proceso, ao mesmo tempo que se optimiza o funcionamento da Administración coa estabilizacións dos empregados públicos.