Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

Galicia situouse en 2025 á cabeza das CC.AA. que pagan con máis axilidade aos provedores, cunha media de 15,6 días

Galicia situouse en 2025 á cabeza das CC.AA. que pagan con máis axilidade aos provedores, cunha media de 15,6 días

  • A interventora xeral da Comunidade Autónoma, Almudena Chacón, deu conta hoxe na Comisión 3ª da evolución do período medio de pago do Goberno galego

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026.- Galicia situouse en 2025 á cabeza das comunidades que pagan con máis axilidade aos seus provedores, cunha media de 15,6 días; é dicir, 10,5 días por debaixo da media autonómica que nese ano acadou os 26,1 días; e 15 días por debaixo do límite legal permitido de 30 días. Así o puxo hoxe de manifesto a interventora xeral da Comunidade Autónoma, Almudena Chacón, na Comisión 3ª do Parlamento de Galicia, onde deu conta da evolución do PMP aos provedores.

Almudena Chacón precisou que en 2025 a Administración autonómica pagou máis de 740.000 facturas, por un importe de 4.672 millóns de euros, a máis de 15.450 empresas, pemes e autónomos do tecido produtivo galego. 

Chacón aproveitou a súa intervención para referirse, tamén, ao desempeño fiscal da Comunidade no ano 2025. Deste xeito, destacou que Galicia acadou un saldo fiscal positivo de 0,18 % do PIB, sendo a media das CC.AA. un saldo negativo de -0,30 % do PIB. Mellorando, deste xeito, as previsións iniciais do orzamentos do pasado ano, que contemplaban un déficit cero. 

“Este saldo fiscal lógrase cunha execución global do 97,4 %. E, o que é máis importante aínda, acadando o 100 % de execución sobre os créditos iniciais dos recursos propios da Comunidade, porque os recursos alleos pódense executar nun marco plurianual sen que se perdan”, explicou, facendo fincapé en que isto permite blindar os servizos públicos, cun aumento dos gastos correntes dun 5 % e cunha baixada do capítulo destinado ao pago de intereses de 54 millóns.

Almudena Chacón reiterou que este Goberno amosa o seu compromiso coa axilidade do pagamento das facturas, a pesar dos retrasos das entregas a conta por parte do Goberno central e dos gastos en xuros que representa. Nos catro meses que levamos de 2026, as cantidades percibidas son case 390 millóns de euros inferiores ás que nos corresponden.

Esta situación provoca unha perda mensual de ingresos que produce tensións de liquidez na Tesourería da Comunidade, co conseguinte custe financeiro polo pagamento dos xuros. Todo isto como consecuencia da falta de aprobación dos Orzamentos estatais, que supón importantes consecuencias nas Administracións autonómicas. Pese a isto, a solvencia das contas galegas permite cumprir cos provedores con axilidade.