Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

Galicia aborda no Foro de Economía e Política Rexional a reprogramación do marco financeiro 21-27 dos fondos europeos en liña coas prioridades da UE

Galicia aborda no Foro de Economía e Política Rexional a reprogramación do marco financeiro 21-27 dos fondos europeos en liña coas prioridades da UE

  • O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío Tobar, participa xunto co resto das comunidades e o Ministerio de Facenda, nestas xornadas de traballo  en Logroño
  • No encontro avaliarase o avance na execución do programa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de España do período 2021-2027

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2025.- O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, Ángel Tarrío, abordará no Foro de Economía e Política Rexional que se celebra en Logroño desde este xoves ata mañá venres a reprogramación do marco financeiro 21-27 dos fondos europeos, en liña coas novas prioridades da política de cohesión propostas pola Comisión Europea. 

Durante estas xornadas de traballo, nas que participan as comunidades autónomas e a Dirección Xeral de Fondos Europeos do Ministerio de Facenda, autoridade de xestión do FEDER en España, Ángel Tarrío explicará que Galicia está cumprindo o seu Plan Estratéxico 2030 en liña coas prioridades da UE, como pon de manifesto a reprogramación dentro do marco financeiro 21-27 de 90 M€ para, entre outros obxectivos prioritarios, reforzar a aposta por mellorar o acceso á vivenda, unha prioridade da Unión Europea e unha das máximas prioridades do Goberno galego nesta lexislatura. 

Así mesmo, avaliaranse temas como o avance na execución do programa do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) de España do período 2021-2027, os sistemas de xestión e control que se levan a cabo nos mesmos, así como as estratexias de verificación do gasto executado. 


Os participantes terán ocasión tamén de falar sobre o regulamento da Plataforma de Tecnoloxías Estratéxicas para Europa (STEP), da situación de programas de Cooperación territorial europea e da recente convocatoria 2021-2027 de desenvolvemento urbano a través das estratexias integrais de ámbito local.