O conselleiro de Facenda e Administración pública presidiu a toma de posesión de Tomás Otero Ferreiro como presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2021.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presidiu hoxe a toma de posesión de Tomás Otero Ferreiro como presidente do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL).
Tomás Otero (1974) é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior (A1) da Xunta de Galicia desde o ano 2001. Ademais é funcionario de Administración Local con habilitación de carácter nacional.
Comezou a súa carreira administrativa como interventor do Concello de Padrón e tamén desempeñou o posto de secretario-interventor no Concello de Cerdedo, no Consorcio Local Conca do Lérez e no Concello de O Pino; ademais foi interventor do Concello de Guitiriz.
Desde o ano 2018 e ata o de agora, Tomás Otero viña desempeñando o posto de vogal no propio Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia.