Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu a toma de posesión de Jorge Atán como secretario Xeral Técnico e do Patrimonio

O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu a toma de posesión de Jorge Atán como secretario Xeral Técnico e do Patrimonio

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2021.- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presidiu hoxe a toma de posesión de Jorge Atán como secretario Xeral Técnico e do Patrimonio.

Jorge Atán Castro (1967) é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo Superior de Administración Xeral da Xunta de Galicia (grupo A1) desde o ano 1993. Ademais dispón do diploma do curso de Directivos e da Inspección de Servizos da Xunta de Galicia, así como do Curso Superior de Relacións laborais, entre outros.

Desenvolveu a súa carreira administrativa en diversos postos da Xunta de Galicia e foi subdelegado do Goberno na Coruña. Desde 2019 e ata o de agora, Jorge Atán viña desempeñando o posto de subdirector xeral de Seguridade e Coordinación na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.