A Xunta destina 2M€ ao Fondo de Acción Social de empregados públicos, que establece axudas para atender persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia destinará 2 millóns de euros en axudas dirixidas aos empregados públicos da Administración galega para a atención de persoas con discapacidade. Estas axudas, de ata 180 euros mensuais, forman parte do Fondo de Acción Social de 2024, cuxos criterios de repartición serán aprobados no Consello da Xunta do 14 de abril.
O Fondo de Acción Social da Xunta para o exercicio 2024 conta cunha dotación orzamentaria de 2.000.000 euros. A través deste fondo, o persoal ao servizo da Administración autonómica pode percibir unha axuda máxima de 2.160 euros anuais para a atención de persoas con discapacidade.
Poderá solicitar estas axudas o persoal funcionario, incluído o persoal docente e o profesorado da materia de relixión, e determinado persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia en servizo activo no momento da presentación de solicitudes ou xubilados no 2024.
Cómpre salientar que o número de axudas concedidas o ano pasado foi de 920.