Volver ao contido

Notas de prensa Notas de prensa

Atrás

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia abre o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia abre o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación

  • Ofértanse un total de 300 prazas e as inscricións poden realizarse desde o 24 de abril ata o 5 de maio 
  • O curso é titorizado  en modalidade de teleformación e, unha vez superado, permite obter a certificación de forma directa
  • Comezará o 26 de maio e o alumnado poderá seguilo ao seu propio ritmo 
  • Esta certificación, que emite a Amtega, acredita o nivel de competencia das persoas na utilización das tecnoloxías dixitais no eido persoal, social e profesional 

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2025.- A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de 300 prazas para realizar un curso de teleformación titorizado cuxa superación posibilita obter de forma inmediata a certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no nivel de Iniciación. As inscricións poderán realizarse desde mañá xoves, 24 de abril, ata o vindeiro 5 de maio, a través da páxina web da Rede CeMIT.

Esta convocatoria está aberta a toda a cidadanía cos únicos requisitos de ser maior de 16 anos e estar dado de alta como usuario da rede CeMIT, e ten como finalidade  acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para utilizar as tecnoloxías dixitais, tanto a nivel persoal como social ou profesional. 

Unha vez finalizado o prazo de inscrición publicarase a relación provisional das 300 persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT e realizarase un sorteo para establecer a orde das persoas con dereito a matriculación, así como unha listaxe de reservas.

O curso, de 250 horas de duración, impártese na modalidade de teleformación con avaliación continua e conta con titorías de apoio. Unha das novidades desta edición é que cada un dos bloques será accesible para os participantes de forma individualizada, cun tempo máximo de finalización para que o alumnado fixar o seu propio ritmo de seguimento.

Contidos online, actividades prácticas e avaliación
O curso, realizarase na plataforma de teleformación da rede CeMIT e está estruturado nun bloque introdutorio “Empezamos” e 6 bloques temáticos que abarcan as 5 áreas e as 21 competencias definidas no Marco Galego de competencias dixitais. Está deseñado para favorecer unha aprendizaxe progresiva e conta con actividades prácticas propostas polo titor e cuestionarios parciais e final.

Tras a superación de cada bloque temático as persoas participantes obterán un diploma de aproveitamento por cada un deles. A superación das probas e tarefas da todos os bloques temáticos dará dereito a expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel Iniciación, que será emitido de oficio pola Amtega.