Volver ao contido

Notas de prensa

Preto de 1.200 profesionais incorpóranse ás listas de contratación temporal da Xunta

Preto de 1.200 profesionais incorpóranse ás listas de contratación temporal da Xunta

  • O DOG publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos para diversas categorías
  • A relación de aspirantes pode consultarse no portal web corporativo da Xunta

 

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024.- Preto de 1.200 profesionais se incorporaron ás listas de contratación temporal da Xunta de Galicia ao longo do ano 2023. Estas listas empréganse para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos que presta a Administración Autonómica.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos para diversas categorías da Administración Xeral ás que veñen de incorporarse un total de 1.156 profesionais. 

Entre as listas publicadas figuran as de enxeñeiros de camiños, canais e portos, de minas e de montes, veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional ou xefe/a de cociña.

A eles hai que sumar os 239 profesionais que xa se incorporaron ás listas de contratación temporal para diferentes categorías sanitarias, publicadas de forma separada hai unhas semanas. En total, o número de solicitudes nas listas de contratación da Xunta de Galicia é de 155.351. 

Consulta das listaxes
As listas definitivas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal apartado de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012. As persoas interesadas que así o desexen disporán do prazo de dun mes desde a publicación das listas no DOG para presentar recurso de alzada.