Volver ao contido

Notas de prensa

Máis de 300 novos funcionarios elixirán destino este mes tras superar o proceso selectivo do corpo auxiliar da Xunta

Máis de 300 novos funcionarios elixirán destino este mes tras superar o proceso selectivo do corpo auxiliar da Xunta

  • O Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana a resolución da Dirección da Función Pública pola que se convoca a elección de destino

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2023.- Máis de 300 novos empregados públicos elixirán destino este mes de xaneiro tras superar o proceso selectivo para o corpo auxiliar da Administración Xeral (grupo C2). 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará a vindeira semana a resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se convoca a elección de destino en prácticas para aqueles aspirantes que superaron este proceso selectivo pola quenda de libre acceso (319), e tamén a elección  de destino provisional para aqueles que o fixeron pola quenda de promoción interna (13) e que ata o de agora estaban ocupando postos de persoal subalterno (AP).

Unha vez que se publique esta resolución e se realice a elección de destino, está previsto que durante o mes de febreiro se publique tamén no DOG o seu nomeamento como funcionarios de carreira con indicación do posto adxudicado no caso das persoas que superaron o proceso de promoción interna; e como funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso de acceso libre. Estes últimos realizarán un curso selectivo ao mesmo tempo que prestan xa o seus servizos na Administración autonómica.

O acto de elección de destino supón a parte final dun proceso selectivo. A medida que os procesos selectivos van concluíndo, a Administración convoca os actos de elección para que as persoas aspirantes que superaron dito proceso poidan elixir un destino entre todos aqueles que se lle ofertan.