Volver ao contido

Notas de prensa

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

  • O período medio de pago de Galicia foi de 19,21 días, case 10 días por debaixo da media de comunidades autónomas

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023.- Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura e Cantabria, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública. 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 19,21 días, case 10 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 29,19. Ademais, tamén se situou case 11 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 
  
En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,25%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,39%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.141 millóns de euros, dos que 174 millóns – o 3,38%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma estaba en novembro de 2022 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega. 

 

Período Medio de Pago – Novembro de 2022 (*CCAA réxime foral)

Extremadura

12,25

 

Castilla La Mancha

24,84

Cantabria

18,32

Cataluña

26,92

Galicia

19,21

TOTAL CC.AA.

29,19

La Rioja

21,20

Canarias

31,50

País Vasco*

21,53

Baleares

33,85

Navarra*

21,77

Madrid

34,73

Valencia

22,14

Asturias

37,36

Andalucía

22,41

Murcia

56,10

Castilla-León

23,98

Aragón

61,75