Galicia pecha o segundo trimestre do ano sendo a 3ª comunidade con menor endebedamento por habitante de España
- Cada galego debe 2.131 euros menos que a media autonómica
- O Banco de España volve situar á comunidade galega como a terceira de réxime común con menor endebedamento
- O endebedamento de Galicia sitúase 6,8 puntos por debaixo da media de comunidades
- No segundo trimestre, a comunidade galega baixou tres décimas a ratio débeda/PIB
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2021.- Galicia pechou o segundo trimestre do ano sendo a 3ª Comunidade Autónoma con menor endebedamento por habitante de España. Así, a débeda por habitante sitúase en Galicia nos 4.476 euros fronte aos 6.607 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.131 euros menos que a media autonómica.
Os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) publicados hoxe polo Banco de España volven situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España.
En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 20,1% ao peche do segundo trimestre do ano e baixou tres décimas respecto ao primeiro trimestre (20,4%). Ademais, este indicador é 6,8 puntos inferior ao da media de comunidades (26,9%) e só superior ao de dúas comunidades autónomas de réxime común, Canarias e Madrid.
Volume de débeda
O Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde o ano 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.
A redución do endebedamento nos últimos exercicios fai que Galicia estea nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos do coronavirus e para poder seguir combatendo a pandemia, impulsar a reactivación económica e atender as necesidades das familias, pemes e autónomos.
DÉBEDA POR HABITANTE
|
| 2ºT 2021 |
1 | Canarias | 2.929 |
2 | Andalucía | 4.185 |
3 | Galicia | 4.476 |
4 | Asturias | 4.802 |
5 | Extremadura | 5.029 |
6 | Madrid | 5.212 |
7 | País Vasco | 5.280 |
8 | La Rioja | 5.373 |
9 | Navarra | 5.503 |
10 | Castilla-León | 5.567 |
11 | Cantabria | 6.037 |
| MEDIA CC.AA. | 6.607 |
12 | Aragón | 6.745 |
13 | Murcia | 7.371 |
14 | Castilla-La Mancha | 7.637 |
15 | Baleares | 7.675 |
16 | Valencia | 10.255 |
17 | Cataluña | 10.673 |
|
| 2ºT |
1 | Canarias | 15,0 |
2 | Madrid | 15,7 |
3 | País Vasco* | 16,6 |
4 | Navarra* | 18,5 |
5 | GALICIA | 20,1 |
6 | La Rioja | 20,5 |
7 | Asturias | 22,0 |
8 | Andalucía | 23,0 |
9 | Castilla-León | 23,8 |
10 | Aragón | 25,3 |
11 | Cantabria | 26,7 |
| TOTAL CCAA | 26,9 |
12 | Extremadura | 27,6 |
13 | Baleares | 29,7 |
14 | Murcia | 37,0 |
15 | Cataluña | 37,1 |
16 | Castilla-La Mancha | 39,2 |
17 | Comunidad Valenciana | 47,8 |