Volver ao contido

Notas de Prensa

O Consello da Xunta nomea directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a Nuria Aguilar Vázquez

O Consello da Xunta nomea directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a Nuria Aguilar Vázquez

  • É licenciada en Ciencias Matemáticas e ata o momento ocupaba o posto de auditora na Dirección Xeral de Simplificación Administrativa

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Nuria Aguilar Vázquez como directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Nada en Santiago de Compostela en 1972, é licenciada en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e funcionaria da Escala Superior de Estatísticos (A1) desde o ano 1999.

Nuria Aguilar realizou os cursos do programa de doutoramento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela e ten o Certificado de aptitude pedagóxica emitido pola Universidade de Santiago de Compostela.

Desempeñou diversos postos de traballo no Instituto Galego de Estatística (IGE) e foi analista de xestión do rendemento e calidade na Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza e ata o momento era auditora na Dirección Xeral de Simplificación Administrativa da Consellería de Facenda e Administración Pública.