Volver ao contido

Notas de Prensa

O Consello da Xunta nomea director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico a Arturo López

O Consello da Xunta nomea director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico a Arturo López

  • É licenciado en Matemáticas e ata o momento ocupaba o posto de interventor xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024.- O Consello da Xunta aprobou hoxe o nomeamento de Arturo López Iglesias como director xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.

Nado na Estrada en 1973, é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e funcionario da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia (grupo A1) desde o ano 2004. Ademais ten un Máster en Administración Financeira e Tributaria (USC), un Máster en Big Data e Business Analitycs pola Universidade Complutense de Madrid, e un curso de postgrao en Dereito Tributario pola Universidade de Santiago de Compostela, entre outros.

Arturo López desenvolveu a súa carreira administrativa como subdirector xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario na Consellería de Cultura (2008-2010), posteriormente foi subdirector xeral de Planificación Económica na Consellería de Facenda (2010-2012) e subdirector xeral de Programación Financeira do Sector Público na Consellería de Facenda (2012-2017).

Ata o de agora, Arturo López viña desempeñando o posto de interventor xeral da Comunidade Autónoma.