Volver ao contido

Notas de Prensa

Galicia é a Comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media

Galicia é a Comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, 18 días antes que a media

  • O período medio de pago de Galicia no mes de marzo situouse en 12,14 días, máis de 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024.- Galicia pechou o mes de marzo como a Comunidade que paga máis rápido aos seus provedores, cun tempo medio de pago 18 días mellor que a media autonómica, que se situou en 30,76 días, segundo mostran os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda e Función Pública.

A Comunidade galega pechou o mes de marzo como a primeira comunidade que paga máis rápido as súas facturas. Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia en marzo foi de 12,14 días. 

Así mesmo, Galicia tamén se situou máis de 17 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal. 
  
Por outra banda, Galicia tamén é a Comunidade autónoma con menor porcentaxe de endebedamento comercial, un 0,11%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,32%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 4.885 millóns de euros, dos que só 87,9 millóns – o 1,79%- corresponden a Galicia.

Período Medio de Pago – Marzo de 2024 (*CCAA réxime foral)

Galicia

12,14

 

Castela e León

24,99

Cantabria

14,82

Navarra*

25,65

Aragón

16,90

A Rioxa

26,57

Andalucía

17,75

MEDIA CC.AA.

30,76

Estremadura

18,06

Baleares

33,64

Canarias

19,96

Asturias

37,27

País Vasco*

20,44

Cataluña

37,76

Madrid

22,60

Valencia

41,84

Castela-A Mancha

23,29

Murcia

86,39