A Xunta reverte ao Concello de Ourense os terreos do Centro de Interpretación dos parques naturais de Galicia
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2024.- A Xunta, a través da Consellería de Facenda e Administración Pública, acaba de asinar a entrega por reversión dunhas parcelas sitas na proximidade do río Miño ao Concello de Ourense, tal e como reclamaba a administración local.
Previamente, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, como consellería que dispoñía da adscrición destes bens, informou favorablemente sobre esta solicitude.
Así pois, a raíz deste trámite, o Concello de Ourense volve ter a propiedade deses terreos.