Canles RSS
Que son as Canles RSS ?
Permite o acceso aos contidos web que sexan de maior interese para ti, de xeito rápido e sinxelo, sen ter que navegar polas diferentes seccións na procura de información actualizada.
Cales son as Canles da Consellería de Facenda ?
Coas RSS poderás apuntarte ás Notas de prensa, Novidades e Licitacións
- Notas de prensa: últimas novas relacionadas coa Consellería de Facenda.
- Novidades: contidos novos do portal.
- Licitacións: listaxe de ofertas de contratación pública e información/documentación relacionada.
- Novas da XCCA - Galicia.
Como subscribirse ?
Calquera usuario pode subscribirse a unha Canle e obter as derradeiras novas enviadas ao seu lector RSS, o cal avisará cando exista información nova para ler.