Actualidad
- FERNÁNDEZ CURRÁS SALIENTA QUE A XUNTA LEVA GARANTIDO TODA A LEXISLATURA A PRESTACIÓN PÚBLICA E DE CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS E ASEGURA QUE TAMÉN O FARÁ EN 2012
- Lembra que Galicia conta cun financiamento autonómico equivalente ao 2004 pero conta cuns servizos públicos mellores grazas ás gañancias de eficiencia
- Subliña a capacidade do Goberno galego para aumentar o gasto social en 7,7 puntos cunha capacidade de gasto no nivel do ano 2006
- Diferenza o incremento da débeda en Galicia, pois sempre se limita ao acordado no Consejo de Política Fiscal y Financiera
- Afirma que existe transparencia no financiamento público privado, cun informe preceptivo e vinculante de Facenda antes da aprobación dos pregos do contrato
- Este departamento solicitou ao Consello de Contas un informe técnico para limitar este tipo de fórmulas
- O SECRETARIO XERAL DA PRESIDENCIA SUBLIÑA QUE OS ORZAMENTOS DE 2012 SON "AUSTEROS, ESTABLES E PRUDENTES", PROPIOS DUNHA COMUNIDADE QUE ESTÁ LOITANDO PARA SUPERAR A CRISE ECONÓMICA
- Precisa que este departamento disporá dun orzamento total, incluíndo todos os capítulos de gastos, de 217.371.303 euros, un 3,7 por cento menos que no ano 2011, cando se aprobou unha contía de 225.730.631 euros
- A Secretaría Xeral da Igualdade manterá o presuposto que lle foi consignado no 2011, polo que non hai redución nos créditos que a Xunta destina ás políticas de igualdade e de loita contra a violencia de xénero
- Para 2012 priorizarase o investimento na extensión da banda larga para consolidar o proceso de modernización da administración pública e como ferramenta fundamental para a dinamización económica de Galicia, polo que o orzamento do Plan de Banda Larga se incrementará nun 18,71 por cento e será de 18.800.000 euros