Galicia pechou o terceiro trimestre cun superávit do 0,54% e volverá cumprir este ano os seus obxectivos de estabilidade
- É unha das doce comunidades con superávit orzamentario ao peche de setembro
- O conxunto das autonomías rexistrou un superávit do 0,17%
- O límite máximo de déficit autorizado para o conxunto do ano é do 0,4%
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018.- Galicia pechou o terceiro trimestre do ano cun superávit orzamentario do 0,54% do PIB, tal como vén de avanzar o Ministerio de Facenda, e mantén o seu firme compromiso de cumprir un ano máis os obxectivos de estabilidade orzamentaria fixados no Consello de Política Fiscal e Financeira.
Galicia é unha das doce comunidades autónomas que remataron o terceiro trimestre con superávit nas súas contas. Os datos que vén de publicar a Intervención Xeral do Estado indican que o conxunto das autonomías rexistrou tamén un superávit do 0,17%, e, pola contra, cinco comunidades rexistraron déficit orzamentario.
Neste exercicio 2018, o límite máximo de déficit autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira para todas as comunidades autónomas é do 0,4%. Galicia segue tendo como obxectivo continuar sendo a comunidade de referencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria, achegando solvencia e estabilidade ao conxunto de España.
Este control das contas públicas que leva realizando Galicia durante toda a década combínase coa axilidade da Administración galega no pagamento das súas facturas. De feito, Galicia é a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, cun período medio de pago 24 días inferior á media autonómica, segundo reflicten os últimos datos publicados tamén polo Ministerio de Facenda.
Superávit / Déficit – Setembro 2018 (*CCAA réxime foral) | ||||
Canarias | 1,41% |
| Andalucía | 0,15% |
Asturias | 0,66% | Extremadura | 0,12% | |
País Vasco* | 0,65% | Cantabria | 0,07% | |
La Rioja | 0,61% | Aragón | 0,05% | |
Galicia | 0,53% | Castilla y León | -0,11% | |
Baleares | 0,45% | Castilla-La Mancha | -0,32% | |
Media CCAA | 0,17% | Navarra* | -0,34% | |
Com. Madrid | 0,17% | Com.Valenciana | -0,35% | |
Cataluña | 0,15% | Murcia | -0,51% |