Volver ao contido

Orzamentos

Galicia ten a metade de ano un endebedamento inferior en nove décimas de PIB respecto á media española

Galicia ten a metade de ano un endebedamento inferior en nove décimas de PIB respecto á media española

A Comunidade galega mantivo esta lexislatura un endebedamento controlado e emitiu tan só o aprobado no CPFF, que foi 25 puntos inferior á media

Galicia pechou o segundo trimestre de 2012 cunha ratio débeda/PIB do 13,3%, nove décimas inferior á media española, segundo os datos facilitados hoxe polo Banco de España.

Galicia pechou o segundo trimestre de 2012 cunha ratio débeda/PIB do 13,3%, nove décimas inferior  á media española, segundo os datos facilitados hoxe polo Banco de España.


A Xunta de Galicia mantivo durante toda a lexislatura un endebedamento controlado e emitiu tan só a porcentaxe aprobada cada exercicio no seo do Consejo de Política Fiscal y Financeira (CPFF). De feito, a finais de 2008 Galicia tiña un ratio débeda/PIB tres décimas por encima da media e neste momento está nove décimas por debaixo.


Neste período Galicia absorbeu o 4,5% do endebedamento total autonómico, cifra menor que a lle correspondería por poboación.


Ademais, unha vez incluída a débeda das empresas públicas, Galicia ten un diferencial positivo aínda maior, de 1,7 puntos, xa que ten unha ratio de débeda/PIB do 13,7%, fronte ao 15,4% de media de comunidades. Isto significa que a débeda das empresas públicas galegas é tres veces menor que a media, a sétima autonomía con menor endebedamento. Igualmente compróbase que Galicia aposta pola transparencia e non a concentra endebedamento nas empresas públicas.


Por outra parte, as previsións dos plans de reequilibrio aprobados recentemente polo Consejo de Política Fiscal y Financeira (CPFF) indican que Galicia mellorará tres postos no ranking de autonomías e será, cando remate este ano, a novena autonomía con menor endebedamento, pois o incrementará este exercicio 10 puntos porcentuais menos que a media de comunidades.
Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos incrementou o seu endebedamento 25 puntos menos que a media de autonomías.


Así mesmo, a aprobación por este Goberno da Lei 2/2011, de 16 de xuño, de Disciplina Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira, representa o compromiso do Executivo galego coa sostenibilidade das finanzas públicas no curto, medio e longo prazo para blindar o Estado do Benestar.


A introdución dunha regra fiscal limita o crecemento do gasto público nas épocas expansivas da economía, polo que se os ingresos evolucionan por riba do PIB, a parte que exceda se dedicará a diminuír débeda. De terse feito isto na anterior lexislatura, nun contexto de elevados ingresos con crecementos superiores ao 10% ano a ano, Galicia teríase aforrado 2.000 euros millóns de euros.