Volver ao contido

Orzamentos

Galicia pechou 2011 cun endebedamento inferior en oito décimas de PIB respecto á media española

Galicia pechou 2011 cun endebedamento inferior en oito décimas de PIB respecto á media española

A Comunidade galega continuou incrementando no último trimestre o seu diferencial positivo co resto de autonomías

Galicia pechou o exercicio 2011 cun ratio débeda/PIB do 12,3%, oito décimas inferior á media española e continuou incrementando no último trimestre do ano o seu diferencial positivo, segundo os datos facilitados hoxe polo Banco de España.

A Comunidade galega presentou este mellor comportamento en ratio débeda/PIB que a media de autonomías, a pesar de ser a única que executou en tempo e forma o seu Programa Anual de Endebedamento.

Ademais, o crecemento da débeda na Comunidade Autónoma de  Galicia foi menor que no conxunto de España, tanto en termos interanuais (13,7 fronte a 17,2%), como intertrimestrais (0,5 fronte a 2,8%).

Desde o ano 2008 a Comunidade galega é a terceira que menos incrementou o seu endebedamento, cun 77,2%, máis de 15 puntos menos que a media de autonomías, que o fixeron un 92,9%.

Por outra banda, se se inclúe a débeda das empresas públicas, Galicia ten un diferencial positivo aínda maior, xa que ten unha ratio de débeda do 12,7%, fronte ao 14,4 da media de comunidades. Isto significa que a débeda das empresas públicas galegas é 3,5 veces menor que a media, a quinta comunidade con menor endebedamento. Igualmente compróbase que Galicia aposta pola transparencia e non a concentra endebedamento nas empresas públicas.