Volver ao contido

Orzamentos

A taxa interanual do IPC galego baixa en marzo unha décima respecto á de febreiro e sitúase no 2%

A taxa interanual do IPC galego baixa en marzo unha décima respecto á de febreiro e sitúase no 2%

No último mes os prezos incrementáronse un 0,7%, igual que no conxunto de Estado

A taxa interanual do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) baixou en marzo unha décima na Comunidade Autónoma de Galicia respecto á do mes de febreiro e situouse no 2%, segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Pola súa banda, con respecto ao mes anterior, os prezos medraron sete décimas (0,7%), igual que no conxunto do Estado.

Na evolución por capítulos, os grupos que tiveron un comportamento menos inflacionista en marzo en Galicia en relación a febreiro foron os de ‘Alimentos e bebidas non alcohólicas', ‘Bebidas alcohólicas e tabaco', ‘Medicina' e ‘Ensino', que permaneceron invariables. Por outro lado, o apartado que presentou unha maior suba dos prezos foi o de ‘Vestido e calzado' (3,9%).

En termos interanuais, os grupos que rexistraron un descenso do IPC foron o de ‘Comunicacións' (-3,4%), ‘Medicina' (-2,5%) e ‘Vestido e calzado' (-0,1%). Pola contra, os que presentan un maior incremento son ‘Transporte' (4,9%), ‘Vivenda' (3,8%) e ‘Ensino' (3,3%).

Índices provinciais
En relación cos índices provinciais, Lugo é a provincia que presenta un incremento dos prezos menos acusado, co 0,6% no mes demarzo. En canto á evolución anual, os prezos medraron menos nas provincias de A Coruña e Pontevedra.