Rifas e tómbolas
Definicións:
Rifas
Modalidade de xogo que consiste no sorteo dun ou varios bens ou servizos previamente determinados entre diversas persoas que previamente adquirisen papeletas ou billetes. O importe de cada papeleta ou billete deberá ser o mesmo e o importe total das papeletas ou billetes emitidos deberá ser, como mínimo, igual ao valor dos bens ou servizos sorteados. As papeletas ou os billetes deberán estar numerados correlativamente ou diferenciados entre si de calquera outra forma. Os premios non poderán consistir en diñeiro en metálico nin poderán ser substituídos por diñeiro.
Tómbolas
O xogo da tómbola consiste na adquisición por un prezo certo dun sobre ou papeleta que deberá conter ocultos números, símbolos ou textos que determinen a adquisición do premio, no caso de premio instantáneo, ou que determinen a adquisición de puntos, cando a obtención do premio se obteña pola suma de puntos ata acadar unha cifra determinada.
Requisitos e documentación para a presentación de solicitudes:
Todas as persoas naturais ou xurídicas que estean interesadas en realizar un destes xogos deberán presentar unha solicitude mediante o procedemento PR307B dirixida á Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro da Consellería de Facenda e Administración Pública