Comisión do Xogo de Galicia
A Comisión de Xogo de Galicia é un órgano de estudo, coordinación e asesoramento das actividades relacionadas coa práctica de xogos e apostas no territorio da Comunidade Autónoma.
Correspóndelle a ela informar naquelas materias relacionadas coas actividades reguladas na Lei 3/2023, de 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia, que sexan competencia do Consello da Xunta de Galicia, e naquelas outras nas que esté ou nas que a Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza lle solicite.
Competencias
- Informe preceptivo non vinculante sobre os asuntos seguintes:
- Disposicións de carácter xeral que se teñan que ditar en desenvolvemento desta Lei e do Catálogo de Xogos.
- Medidas de planificación do xogo en Galicia.
- Propostas de altas e baixas e modificacións no Catálogo do Xogo en Galicia.
- Evacuar calquera outro informe ou consulta que lle sexa solicitado.
Membros da comisión
- Presidente/a: o/a titular da Consellería de Facenda e Administración Pública.
- Vicepresidente/a: o/a titular da Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro.
- Secretaría da comisión: o/a titular da Subdirección Xeral de Xogo.
- Vogais:
- Un/unha representante, con rango de dirección xeral, por cada unha das consellerías con competencia en materia de Facenda, Traballo, Industria, Xuventude e Deportes.
- Un representante de cada un dos sectores de:
- Casinos
- Bingos
- Máquinas de xogo