Comisión do Xogo de Galicia
A Comisión de Xogo de Galicia é un órgano de estudo, coordinación e asesoramento das actividades relacionadas coa práctica de xogos e apostas no territorio da Comunidade Autónoma.
Correspóndelle a ela informar naquelas materias relacionadas coas actividades reguladas na Lei 14/85, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, que sexan competencia do Consello da Xunta de Galicia, e naquelas outras nas que esté ou nas que a Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza lle solicite.
Competencias
- Informe preceptivo non vinculante sobre os asuntos seguintes:
- Disposicións de carácter xeral que se teñan que ditar en desenvolvemento desta Lei e do Catálogo de Xogos.
- Medidas de planificación do xogo en Galicia.
- Propostas de altas e baixas e modificacións no Catálogo do Xogo en Galicia.
- Evacuar calquera outro informe ou consulta que lle sexa solicitado.
Membros da comisión
- Presidente/a: o/a titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
- Vicepresidente/a: o/a titular da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.
- Secretaría da comisión: o/a titular da Subdirección Xeral de Xogo e Espectáculos Públicos.
- Vogais:
- Un/unha representante por cada unha das consellerías con competencia en materia de:
- Economía e Facenda:o/a titular da Dirección Xeral de Tributos
- Traballo: o/a titular da Dirección Xeral de Relacións Laborais
- Industria: o/a titular da Dirección Xeral de Comercio e Consumo
- Xuventude: o/a titular da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade
- Deportes: o/a titular da Dirección Xeral para o Deporte
- Un representante de cada un dos sectores de:
- Casinos
- Bingos
- Máquinas de xogo
- Un/unha representante por cada unha das consellerías con competencia en materia de: