Casinos, bingos, máquinas recreativas e apostas
Casinos
- Información sobre casinos.
- Autorización de instalación e funcionamento de casinos de xogo.
- Autorización dos xogos de casinos previstos no Decreto 112/2005, do 14 de abril, polo que se aproba o regulamento do xogo do póker nos casinos da Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 177/2007, do 30 de agosto, polo que se modifica o catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 166/1986, do 4 de xuño.
- Inspección de casinos e xogo ilegal de xogos exclusivos de casinos.
Bingos
- Rexistro do xogo do bingo.
- Información sobre o xogo de bingo.
- Autorización e inscrición das empresas de bingos e salas de bingo.
- Modificacións das autorizacións e inscricións das empresas de bingos e salas de bingo.
- Autorizacións de peches temporais e definitivos das salas de bingo.
- Homologación e autorización de aparellos de xogo de bingo e máquinas recreativas e de azar nas salas de bingo.
- Inspección de empresas e salas de bingo e xogo ilegal de xogos exclusivos de salas de bingo.
Máquinas recreativas e de azar
- Rexistro de empresas de xogo.
- Rexistro de modelos de xogo.
- Información sobre as máquinas recreativas e de azar.
- Catalogación dos prototipos de máquinas.
- Homologación e inscrición dos modelos das máquinas recreativas e de azar no Rexistro de Modelos.
- Autorización de cesión de modelos inscritos.
- Recoñecemento de modelos e certificacións de laboratorios.
- Modificación das autorizacións e inscricións nos modelos inscritos.
- Cancelacións de inscricións no rexistro de modelos.
- Autorizacións de probas con prototipos de modelos.
- Autorización de exhibición de prototipos de modelos en feiras e exposicións.
- Autorización e inscrición de empresas no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo como fabricantes e importadores, comercializadoras e distribuidoras, operadoras de máquinas e servizos técnicos, titulares de salóns recreativos e de xogo, prestadoras de servizos de interconexión e establecementos autorizados para dispoñer de máquinas recreativas e de azar.
- Autorización das modificacións e devolucións das fianzas das empresas inscritas no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo.
- Modificacións das inscricións no Rexistro de Empresas de máquinas de xogo.
- Información sobre a viabilidade dun salón recreativo e de xogo.
- Autorizacións de instalación e permiso de apertura de salóns recreativos e de xogo.
- Revogación de autorización de instalación de salóns recreativos e de xogo.
- Autorización de modificacións substanciais de salóns de xogo.
- Tramitación de procedementos sancionadores en materia de máquinas e salóns.
Apostas
- Rexistro de apostas.
- Información sobre o xogo das apostas.
- Inscrición de empresas comercializadoras e explotadoras de apostas.
- Modificación das condicións das autorizacións de comercialización e explotación.
- Modificacións societarias.
- Inscrición de empresas fabricantes e importadoras de material de apostas.
- Modificación da inscrición de empresas fabricantes e importadoras de material de apostas.
- Cancelación da inscrición de empresa no Rexistro de Apostas da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Homologación e inscrición de material de apostas.
- Cancelación da inscrición de material de apostas.
- Autorización de tendas de apostas.
- Autorización de instalación de espazos de apostas en salóns de xogo, bingos e casinos.
- Autorización de instalación de espazos de apostas en recintos deportivos e feirais.
- Inscrición de locais de hostalería e/ou autorización de instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas.
- Comunicación de instalación.