Volver ao contido

Presentación

A competencia en materia de tutela financeira sobre os entes locais do seu territorio corresponde á Comunidade Autónoma Galega tal como establece o artigo 49.1 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, que aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia. O exercicio desta competencia debe ser exercido dentro do respecto á autonomía das Corporacións locais que lle recoñecen os artigos 140 e 142 da Constitución Española e consonte ao artigo 27.2 do Estatuto.

Pola súa banda, o artigo 7 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia establece que "será competencia da Consellería de Economía e Facenda: g) o desenvolvemento das actividades inherentes ao exercicio da tutela financeira sobre os entes locais que ten atribuída a Comunidade no artigo 49 do Estatuto de Autonomía".

E ademais, segundo o establecido no artigo 21.1 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, esta competencia correspóndelle á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.