Presentación Telemática
A presentación de garantías de xeito telemático ven recollido na Orde do 23 de maio de 2008 da Consellería de Economía e Facenda de presentación telemática de avais na Caixa Xeral de Depósitos.
O procedemento abarca tanto a presentación como a devolución dos avais na Caixa Xeral de Depósitos.
Os avais presentados deste xeito e as garantías así constituídas terán a mesma validez e producirán os mesmos efectos que as garantías constituídas facendo a presentación física do documento de aval.
Estarán autorizadas a utilizar este sistema as entidades avalistas que teñan subscrito o correspondente convenio de colaboración nesta materia.
As entidades autorizadas para levar a cabo este procedemento son:
- SOGARPO. Sociedade de garantía recíproca da pequena e mediana empresa de Pontevedra e Ourense.
- AFIGAL. Afianzamentos de Galicia, Sociedade de garantía recíproca
- ABANCA CORPORACIÓN BANCARIA, S.A.
- BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA, S.A.
- CAIXABANK, S.A.
- BANCO SABADELL S.A.
- BANKINTER S.A.