Información xeral
Funcións da Caixa Xeral de Depósitos
O Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, establece que o obxecto e funcións da Caixa de Depósitos da C.A. de Galicia encontrase integrado pola instrumentación da constitución, custodia e devolución, ou chegado o caso, execución dos depósitos e garantías admitidos na mesma. Todo iso exclusivamente respeto daqueles depósitos e garantías nos que a C.A. resulte garantida ou ben aqueles outros nos que o garantido resulte ser un terceiro frente á Administración da C.A. Tamén se depositan todos aqueles depósitos e fianzas que por calquera motivo deban constituírse a favor ou a disposición dos Organismos Autónomos, Universidades Públicas, Entes Públicos e Empresas e Fundacións Públicas da C.A.
Oficinas, horarios e teléfonos
As oficinas da Caixa Xeral de Depósitos están situadas en:
Servizos Centrais:
Santiago de Compostela. Edificio admvo. San Caetano, bloque 3, sótano. 15781.
Tfno: 981 545 120
Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia en:
A Coruña. Praza de Pontevedra, 22-1º - 15003
Tfno. 981 182 577
Lugo. Ronda da Muralla, 70 - 27071
Tfno. 982 294 029
Ourense. Rúa Progreso, 38 - 32071
Tfno. 988 687 272
Pontevedra. Avendia María Victoria Moreno, 43-3º - 36003
Tfno. 986 805 714
Vigo. Rúa Concepción Arenal, 8 - 36201
Tfno. 986 817 296
O horario é de 9 a 14 horas, de Luns a Venres. Os días 24 e 31 de decembro as oficinas estarán pechadas.
Modalidades de garantías
As modalidades das garantías existentes na actualidade son:
- Efectivo
- Avales prestados por entidades de crédito ou sociedades de garantía recíproca
- Seguros de caución outorgados por entidades aseguradoras
- Valores representados en anotacións en conta ou participacións en fondos de inversión, representadas por certificados nominativos
Requisitos para a Constitución de Depósitos e Garantías en Efectivo
Para a constitución dunha garantía ou depósito en efectivo, acudirán á Caixa Xeral de Depósitos, en Servizos Centrais da Consellería de Facenda, Edificio administrativo San Caetano, bloque 3 – soto, de Santiago de Compostela, ou nas Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia.
Compre, que o que vaia a constituír a garantía ou depósito saiba, para poder cumprimentalos, os seguintes datos que han de figurar no resgardo:
- Nome ou razón social do constituinte ou grantido e NIF.
- Norma que impón a constitución da garantía ou depósito, finalidade para a cal se constitúe e autoridade a disposición da cal se constitúe
- O ingreso efectuarase na entidade que se indique pola Caixa Xeral de Depósitos.
- A Caixa Xeral de Depósitos entregará ao interesado o correspondente resgardo de constitución da garantía ou depósito.
- Para o ingreso do importe da garantía ou depósito pode aportar diñeiro de curso legal, ou ben cheque bancario ou talón conformado, nominativo a favor do "Tesouro da Comunidade Autónoma".
Requisitos para a Constitución doutras garantías
- Constituición de garantías mediante Aval ou Certificado de Seguro de Caución
Acudirán á Caixa Xeral de Depósitos, en Servizos Centrais da Consellería de Facenda, Edificio administrativo San Caetano, bloque 3 – soto, de Santiago de Compostela, ou nas Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia.
Compre, que o que vaia a constituir a garantia ou depósito saiba, para poder cumprimentalos, os seguintes datos que han de figurar no resgardo:- Nome ou razón social do constituinte ou garantizado e NIF. (Se é a primeira vez que vai a constituír unha garantía debe acompañar copia do NIF).
- Norma que impón a constitución da garantía ou depósito, finalidade para a se constitue e autoridade a disposición da cal se constitúe
- Presentará o documento orixinal de aval ou certificado de seguro de caución, de acordo co modelo oficial.
A Caixa Xeral de Depósitos entregará ao interesado o correspondente resgardo de constitución da garantía.
- Constitución de garantías en Valores
Dada a maior complexidade para a constitución deste tipo de garantías, é conveniente que quen teña interés en facelo, se poña en contacto coa oficina da Caixa de Depósitos na que teña previsto a súa constitución
- Cancelación de depósitos e garantías:
Para que a Caixa de Depósitos poida tramitar a cancelación e posterior devolución dun depósito ou garantía cómpre que reciba previamente a orde de cancelación expedida pola autoridade a disposición da cal foi constituída, como norma xeral, estendida no reverso do resgardo de constitución.
A orde de cancelación debe ser clara e preciso, e non suxeita a condicións.
- En efectivo:
Por transferencia bancaria, en conta designada polo interesado.
- Outras garantías:
Por comparecencia nas dependencias da Caixa Xeral de Depósitos, na que foi constituída a garantía, sempre co resgardo orixinal debidamente dilixenciado de cancelación e cos seguintes requisitos:
Para depósitos constituídos por persoas xurídicas:
DNI e escritura na que se acredite poder bastante para ese acto, de se-lo interesado.
Autorización por escrito do representante legal, acompañado de copia do DNI e escritura de poder bastante, a favor da persoa que se presente na Caixa de Depósitos, de non ser o interesado
Para depósitos constituídos por persoas físicas:
DNI ou documento equivalente.
De non ser o interesado, autorización acompañada de copia do DNI do interesado.