Volver ao contido

Caixa Xeral de Depósitos

A Caixa Xeral de Depósitos está encadrada orgánica e funcionalmente na Subdirección Xeral do Tesouro, da Consellería de  Facenda. Encárgase da constitución, custodia e devolución de todos aqueles depósitos e garantías, que por mandato legal, administrativo ou xudicial deben prestarse ante a Administración da Comunidade Autónoma. Conta para a prestación do servizo tanto coa sede en Servizos Centrais, como coas Delegacións da Axencia Tributaria de Galicia.