Período comunitario 2021-2027
O proceso sobre o futuro da UE, iniciado polo Libro Branco e desenvolvido por cinco Documentos de Reflexión, contribuirá á elaboración da proposta do próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) post 2020 para unha UE de 27 Estados membros, que a Comisión proponse presentar a mediados de 2018.
O MFP fixa os importes máximos que a UE pode gastar cada ano nos distintos ámbitos de actuación durante un período de polo menos cinco anos. O actual MFP abarca o período de 2014 a 2020. Cada orzamento anual debe axustarse a este marco.
Co fin de estimular o debate sobre as cuestións suscitadas nos documentos de reflexión, organizáranse unha serie de eventos públicos, tales como a Conferencia anual "Orzamento baseado nos resultados", coordinada pola Comisión o 25 de setembro de 2017 ou o Cume Social en Gotemburgo (Suecia), en novembro de 2017.
Neste apartado recóllense os documentos elaborados pola Comisión europea así como polos Estados membros, como parte deste proceso de reflexión e debate do período post 2020.
Tamén se incluirán aqueles documentos importantes que estean relacionados coa política rexional comunitaria despois de 2020, tales como Iniciativas, Orientacións, MFP, Recomendacións ou Regulamentos.
- Normativa do período 2021-2027
- Orzamento da UE 2021-2027
- NextGeneration EU
- Principio de Asociación 2021-2027
- Gobernanza Económica da UE
- Programas 2021-2027
- Documentos da Comisión Europea sobre o futuro da UE (2017)
- Información e Comunicación 2021-2027
►Portal da Comisión Europea. Obxectivos globais en
Enerxía, Cambio climático e Medio ambiente
►Portal da Comisión Europea. Obxectivos de
Desenvolvemento sustentable
►Portal web do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027
(Comisión Europea)
►Portal web dos textos relacionados co FEDER e
Cohesión 2021-2017 (Comisión Europea)
►Portal web dos textos relacionados co FSE+
2021-2027 (Comisión Europea)
►Portal web dos textos relacionados coa PAC
e o clima 2021-2027
►Portal web do Pilar europeo de dereitos
sociais (Comisión Europea)