Volver ao contido

Acto de lanzamento do Programa FEDER Galicia 2021-2027

O Programa FEDER Galicia 2021-2027, que acadará un investimento rexional de 1.567 millóns de euros en custo total, cunha axuda comunitaria de 940,2 millóns de euros, ten como obxectivo lograr unha Galicia máis competitiva e intelixente, favorecer a transición ecolóxica, fomentar a mobilidade sostible e promover o acceso igualitario a servizos de calidade no ámbito da educación e a asistencia sanitaria.

 

O acto de lanzamento do Programa FEDER Galicia 2021-2027, que se inclúe dentro das medidas de información e comunicación dirixidas ao público, é unha actividade informativa na que se presenta e da publicidade ao Programa.

 

O 28 de marzo de 2023 tivo lugar no auditorio do Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela o evento de presentación do Programa FEDER Galicia 2021-2027 e da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027, nun encontro organizado conxuntamente pola Consellería de Facenda e Administración Pública de Galicia e a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

 

Á presentación do Programa FEDER Galicia 2021-2027 asistiron os socios do partenariado do Programa, entre os que se atopan os representantes das administracións europea, nacional, rexional e local, os axentes económicos e sociais e os representantes da sociedade civil galega.

 

 

Union Europea

 

  • Pulsa
  • Pulsa
  • Pulsa
  • Pulsa
  • Pulsa