Principio de Asociación 2021-2027
A elaboración dos traballos de programación e execución dos Programas FEDER e FSE Galicia 2021-2027, que son coordinados pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, responden a un proceso concertado entre os representantes das administracións europea, nacional e rexional para contribuír con eficacia á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sostible e integrador, a través de 5 obxectivos políticos seguintes:
- Unha Europa máis intelixente: transformación económica innovadora e intelixente.
- Unha Europa máis verde e baixa en carbono.
- Unha Europa máis conectada: mobilidade e conectividade rexional no ámbito das TIC.
- Unha Europa máis social: aplicación do piar europeo de dereitos sociais.
- Unha Europa máis próxima aos seus cidadáns: desenvolvemento sostible e integrado das zonas urbanas, rurais e costeiras mediante iniciativas locais. e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública.
POR QUE SE PIDE INFORMACIÓN?
De acordo co Principio de Asociación establecido na Proposta de Regulamento (UE) de Disposicións comúns e xerais relativas aos Fondos do MEC 2021-2027 e o Código de Conduta Europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos EIE establecido no Regulamento Delegado (UE) Nº 240/2014 (Arts. 4, 5, 8 e 9), a elaboración e implementación dos documentos estratéxicos da política de cohesión, como son os Programas FEDER e FSE+ Galicia 2021-2027, implica unha participación dos socios pertinentes na preparación, execución, seguimento e avaliación dos programas ao longo do período 2021-2027.
O principio de asociación é un elemento crave na execución dos Fondos que se basea no enfoque da gobernanza multinivel e garante a participación da sociedade civil e os interlocutores sociais. Co fin de que haxa continuidade na organización da asociación, debe seguir sendo de aplicación o Regulamento Delegado (UE) n. º 240/2014 da Comisión, relativo ao Código de Conduta Europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos.
A QUEN SE SOLICITA INFORMACIÓN?
Aos axentes económicos e sociais que recomenda a Comisión Europea, respectando o marco institucional e xurídico establecido ao respecto, que son:
- Autoridades urbanas e outras públicas.
- Interlocutores económicos e sociais.
- Os organismos pertinentes que representan á sociedade civil, os interlocutores ambientais e os organismos de responsables de promover a inclusión social, os dereitos fundamentais, os dereitos das persoas con discapacidade, a igualdade de xénero e a non discriminación.
CAL É A FINALIDADE?
Trátase de que a planificación e a execución da Política de Cohesión en Galicia para o período 2021-2027 conte cun amplo consenso de todas as partes involucradas e dea resposta aos retos e necesidades dos diferentes colectivos, tendo en conta os aspectos transversais, o contexto específico da C.A., as prioridades comunitarias e a complementariedade e coherencia respecto doutros instrumentos da UE.
Se vostede quere opinar acerca dalgún tema relacionado co FEDER e o FSE + 2021-2027 en Galicia, pode enviar as súas suxerencias / observacións, xunto cos seus datos persoais / profesionais (nome e apelidos / DNI e correo electrónico / cidade, provincia e nación / ou se fose o caso organización, empresa, categoría profesional, CIF e correo electrónico), a través do Modelo resposta aos documentos de consulta pública da política rexional comunitaria 2021-2027 (en Documentos asociados) ou, preferentemente, a través da seguinte dirección de correo electrónico: