Programas Operativos 2014-2020
Ao longo do período 2014-2020 e relacionado cos fondos FEDER e FSE e a cohesión económica, social e territorial, Galicia recibirá axuda comunitaria por un importe estimado de 2.811 millóns de euros, cuxa articulación práctica xestionarase a través de Programas Operativos (POs). A este importe haberá que engadirlle a axuda comunitaria que poida corresponder á C.A. polos programas de Cooperación Territorial Europea, a través de convocatorias públicas que se irán programando no desenvolvemento do período.
Un Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.
Vinculado co Obxectivo de "Investimento en crecemento e emprego" figuran os POs cofinanciados polo FEDER 2014-2020: Galicia-FEDER, Crecemento Intelixente, Crecemento Sustentable e Iniciativa Peme. Os programas cofinanciados polo FSE 2014-2020 son: Galicia-FSE, Emprego Xuvenil, o de Emprego, Formación e Educación, o de Inclusión Social e Economía Social, o de Asistencia Técnica e o de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD).
E relacionado co Obxectivo de "Cooperación Territorial Europea", Galicia participará nos seguintes POs 2014-2020: Transfronteiriza España-Portugal, Transnacional Espazo Atlántico, Transnacional Espazo Sudoeste e Interrexional.
Figuran a continuación os documentos relacionados cos Programas Operativos 2014-2020 que se investirán na C.A, tanto de ámbito rexional como plurirrexional e que principalmente estarán cofinanciados polos Fondos FEDER e FSE.
- PO FEDER Galicia 2014-2020
- PO FSE Galicia 2014-2020
- PO FEDER Plurirrexional de España 2014-2020
- PO FEDER Crecemento Intelixente 2014-2020
- PO FEDER Crecemento Sustentable 2014-2020
- PO FEDER Iniciativa PEME 2014-2020
- PO FSE Emprego Xuvenil 2014-2020
- PO FSE Emprego, Formación e Educación 2014-2020
- PO FSE Inclusión Social e da Economía Social 2014-2020
- PO FSE Asistencia Técnica 2014-2020
- PO do Fondo de Axuda Europea para as persoas máis desfavorecidas (FEAD) 2014-2020
- PO CTE Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP)2014-2020
- PO CTE Transnacional Espazo Atlántico 2014-2020
- PO CTE Transnacional Espazo Sudoeste 2014-2020
- PO CTE Interrexional Europa 2014-2020
► Portal web do PDR FEADER Galicia 2014-2020
► Portal web do PO FEMP para España 2014-2020
► Portal web do COCOF-COESIF-EGESIF.
Ministerio de Facenda
Documentos asociados
- Informe da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Fondos EIE 2014-2020. Informe de síntese relativo a 2018 dos informes de execución anuais dos programas que abarcan a execución no período 2014-2017. COM(2018) 816 final (19.12.2018)
- Anexo do informe da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Fondos EIE 2014-2020. Informe de síntese relativo a 2018 dos informes de execución anuais dos programas que abarcan a execución no período 2014-2017. Anexos 1 a 3. COM(2018) 816 final (19.12.2018)
- Informe da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións. Fondos EIE 2014-2020. Informe resumido de 2016 dos informes de execución anuais dos programas que abarcan a execución no período 2014-2015. COM(2016) 812 final (20.12.2016)
- Documentación e ferramentas para a integración efectiva da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes nas intervencións dos Fondos comunitarios. Período de programación 2014-2020 (Novembro 2016)