Volver ao contido

Comité de Seguimento do PO Emprego Xuvenil 2014-20

O Comité de Seguimento do PO Emprego Xuvenil 2014-2020, que se constituíu o 11.03.2015, reunirase polo menos unha vez ao ano e examinará a execución do programa e os avances na consecución dos seus obxectivos.

 

As funcións do Comité de Seguimento son as seguintes:

  1. Aprobar o regulamento interno do Comité de Seguimento, así como as modificacións do mesmo, no seu caso.
  2. Examinar a execución do Programa Operativo, e os avances na consecución dos seus obxectivos. Na súa análise, atenderase aos datos financeiros, aos indicadores comúns e específicos do Programa, en especial aos cambios nos valores dos indicadores de resultados, aos avances na consecución de valores previstos cuantificados e aos fitos definidos no marco de rendemento e, cando cumpra, aos resultados das análises cualitativas.
  3. Examinar todas as cuestións que afecten o rendemento do Programa, incluídas as conclusións dos exames de rendemento.
  4. Formular, no seu caso, observacións á Autoridade de Xestión acerca da execución e evolución do Programa, incluídas accións dirixidas a reducir a carga administrativa para os beneficiarios. O Comité fará o seguimento das accións emprendidas por mor das súas observacións.
  5. Examinar en xeral:
    1. Os avances na execución do Plan de Avaliación e as medidas tomadas en resposta ás conclusións das avaliacións.
    2. A aplicación da estratexia de comunicación.
    3. A execución de plans de acción conxuntos. As accións encamiñadas a promover a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de oportunidades e a non discriminación, incluída a accesibilidade das persoas con discapacidade.
    4. As accións dirixidas a fomentar o desenvolvemento sustentable.
    5. Os instrumentos financeiros.
    6. Toda cuestión que afecte o rendemento do Programa Operativo.
  6. Examinar e aprobar:
    1. A metodoloxía e os criterios de selección de operacións do Programa Operativo.
    2. Os Informes de execución anual e final do Programa Operativo.
    3. O Plan de Avaliación do Programa Operativo e toda modificación do devandito Plan, tamén cando sexa parte dun Plan de avaliación común.
    4. A estratexia de comunicación do Programa operativo e toda modificación da mesma.
    5. Toda proposta da Autoridade de Xestión para modificar o Programa Operativo.

 

Union Europea