Principio de asociación 2014-2020
A elaboración dos traballos de programación e execucción dos Programas Operativos FEDER e FSE Galicia 2014-2020, que son coordinados pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, responden a un proceso concertado entre os representantes das administracións europea, nacional e rexional para contribuír con eficacia á estratexia da UE para un crecemento intelixente, sostible e integrador, a través dos 11 obxectivos temáticos seguintes:
- Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.
- Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e da comunicación e o acceso a estas.
- Mellorar a competitividade das peme, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).
- Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores.
- Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.
- Conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos.
- Promover o transporte sostible e eliminar os estrangulamentos nas infraestruturas de rede fundamentais.
- Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral.
- Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación.
- Investir en educación, formación e formación profesional para a adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente.
- Mellorar a capacidade institucional das autoridades públicas e as partes interesadas e a eficiencia da administración pública.
POR QUE SE PIDE INFORMACIÓN?
De acordo co Principio de Asociación establecido no Regulamento (UE) Nº 1303/2013 de Disposicións comúns e xerais relativas aos Fondos do MEC 2014-2020 (Art. 5) e o Código de Conduta Europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos EIE establecido no Regulamento Delegado (UE) Nº 240/2014 (Arts. 4, 5, 8 e 9), a elaboración e implementación dos documentos estratéxicos da política de cohesión, como son os POs FEDER e FSE Galicia 2014-2020, implica unha participación dos socios pertinentes na preparación, execución, seguimento e avaliación dos programas ao longo do período 2014-2020.
A QUEN SE SOLICITA INFORMACIÓN?
Aos axentes económicos e sociais que recomenda a Comisión Europea, respectando o marco institucional e xurídico establecido ao respecto, que son:
- Autoridades públicas rexionais e locais: organismos da Administración central, a C.A. e as entidades locais.
- Axentes económicos e sociais: sindicatos máis representativos, patronais, Consello Económico e Social, Cámara de Comercio, etc.
- Representantes da sociedade civil, incluíndo: interlocutores ambientais, organismos de acción social, organismos responsables dos principios horizontais de desenvolvemento sostible, igualdade de xénero e non discriminación.
CAL É A FINALIDADE?
Trátase de que a planificación e a execución da Política de Cohesión en Galicia para o período 2014-2020 conte cun amplo consenso de todas as partes involucradas e dea resposta aos retos e necesidades dos diferentes colectivos, tendo en conta os aspectos transversais, o contexto específico da C.A., as prioridades comunitarias e a complementariedade e coherencia respecto doutros instrumentos da UE.
Ao largo de 2014 celebráronse catro Mesas de traballo da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020 e tamén se expuxeron nesta páxina web cinco Documentos de consulta pública da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020
Se vostede quere opinar acerca dalgún tema relacionado co FEDER e o FSE 2014-2020 en Galicia, pode enviar as súas suxestións / observacións, xunto cos seus datos persoais / profesionais (nome e apelidos / DNI e correo electrónico / cidade, provincia e nación / ou se fose o caso organización, empresa, categoría profesional, CIF e correo electrónico), a través do Modelo resposta aos documentos de consulta pública da política rexional comunitaria 2014-2020 (en Documentos asociados) ou, preferentemente, a través da seguinte dirección de correo electrónico:
Documentos asociados
- Modelo resposta aos documentos de consulta pública da política rexional comunitaria 2014-2020
- Regulamento delegado (UE) Nº 240/2014 da Comisión, do 7 de xaneiro de 2014, relativo ao Código de Conduta Europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (DOUE 14.03.2014, L 74)
- Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Regulamento (UE) Nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006 (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Regulamento (UE) Nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello (DOUE 20.12.2013, L 347)
- Documento de Traballo dos Servizos da Comisión. Boas prácticas de aplicación do principio de asociación nos Programas Europeos dos Fondos Estruturais e de Investimento. Acompaña o documento do Regulamento Delegado da Comisión sobre o código de conduta europea para a colaboración no marco estrutural da UE e os Fondos de Investimento [SWD (2013) 540 final, 07.01.2014)]