Documentos de consulta pública da programación FEDER e FSE de Galicia 2014-2020
Co obxecto da aplicación reforzada do principio do partenariado 2014-2020 e a partir da experiencia acumulada en períodos anteriores, a DX de Planificación e Orzamentos dirixiu a coordinación técnica dos documentos que serviron de base para a confección dos POs FEDER e FSE de Galicia 2014-2020 e que se expuxeron nesta web para recibir comentarios e observacións. Son os seguintes:
- Documento de consulta pública nº 1: Diagnóstico de situación socioeconómica e territorial de Galicia. Prazo de recepción de comentarios e observacións: 18.03.2014 a 30.04.2014.
- Documento de consulta pública nº 2: Análise DAFO de Galicia. Prazo de recepción de comentarios e observacións: 07.04.2014 a 07.05.2014.
- Documento de consulta pública nº 3: Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Prazo de recepción de comentarios e observacións: 03.07.2014 a 17.07.2014.
- Documento de consulta pública nº 4: Estudo ambiental estratéxico do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. Prazo de recepción de comentarios e observacións (45 días hábiles): finalizou o 02.09.2014.
- Documento de consulta pública nº 5: Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020. Prazo de recepción de comentarios e observacións: 11.07.2014 a 20.07.2014.
Para dar resposta aos documentos de consulta pública: Use preferentemente o modelo resposta aos documentos de consulta pública da política rexional comunitaria 2014-2020, que se recomenda que non exceda os 3/4 folios (en Documentos asociados do Apartado do Principio de Asociación 2014-2020).