Volver ao contido

Principais elementos de comunicación e utilización do logotipo válido

Entre os requisitos de comunicación contemplados no novo período de programación de Fondos Europeos 2014-2020 indícase, no punto 2.2 do Anexo XII do Regulamento (UE) Nº 1303/2013, que en todas as medidas de información e comunicación débese recoñecer o apoio dos Fondos á operación, mostrando:

 

  1.  O emblema da Unión e referencia á Unión Europea.
  2.  A referencia ao Fondo ou aos Fondos que dan apoio á operación. Cando unha medida estea relacionada cunha ou varias operacións cofinanciadas por varios Fondos, a referencia pódese substituír por Fondos EIE.
  3. Adicionalmente, os responsables de comunicación da Autoridade de Xestión e dos distintos Organismos Intermedios de España decidiron seguir empregando o lema relacionado con cada tipo de Fondo:
  •     PO FEDER:  "Unha maneira de facer Europa"
  •     PO FSE:   "O FSE inviste no teu futuro"

 

Para a correcta utilización dos principais elementos de comunicación tense que atender ás seguintes características:

 

  1. Na Guía para beneficiarios sobre la utilización del emblema de la Unión Europea elaborada pola Comisión Europea indícase que a partir de 2012 os programas eliminarán progre­sivamente os seus logotipos existentes e xa non se crearán novos logotipos para futuros programas. Os nomes destes programas utilizaranse como marcas verbais, é dicir, as referencias aos mesmos efectuaranse sen marca visual ou logotipo acreditado.

    Polo tanto, o único logotipo válido para o novo período de programación é o formado polo emblema da Unión e a referencia á Unión Europea situado debaixo do mesmo

 Pode descargarse o logotipo neste ligazón

 

  1.  O logotipo debe ser claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento utilizados. Nos sitios web debe figurar en cor,  e nos demais medios de comunicación a cor utilizarase sempre que sexa posible. Se figuran outros logotipos ademais  do da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño.
  2.  Cando o emblema e a referencia á Unión Europea se presenten nun sitio web deben ser visibles no momento de chegar ao devandito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina. A referencia ao fondo en cuestión debe figurar de forma visible no mesmo sitio web.
  3.  O resto de elementos necesarios e non incorporados ao logotipo válido, é dicir, a referencia ao fondo e o lema do fondo ou fondos que dan apoio á operación, empregaranse con liberdade de deseño pero sen incorporar ao logotipo.